JAIRO IGLESIAS ESTREA CICATRICES EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
O reparto está composto por Isabel Blanco (que continúa a promocionar ‘1 franco 14 pesetas’), Xabi Deive (que vén de finalizar a rodaxe con Carmen Maura de ‘El menor de los males’) e Estíbaliz Veiga (embarcada no novo proxecto de Dygra ‘Os mortos van deprisa’).
A estrea, libre e aberta ao público en xeral, está patrocinada por produccionesRETRATO, empresa de Sara Horta e Iglesias, A Salle, Alcomte Galicia e Acotés. A curtametraxe trata sobre a violencia de xénero a través de tres terapias de grupo diferentes onde os protagonistas intentan superar o seu pasado. Ten unha duración de 15 minutos e foi rodada en vídeo de alta definición, producida por produccionesRETRATO en coprodución con Formatoriginal e coa colaboración de PousadaSon, Dobleclic, e Hoteles Zenit.
CONTACTO
Para máis información pode contactar en:
0 comentarios